domingo, 9 de diciembre de 2007

Nova versión de 'Jamendo'

O netlabel e portal de música ceibe Jamendo estrea nova interface, máis intuitiva, econ máis posibilidades.

Para acceder a ella, só temos que ir á pestana que se desprega ao ir á parte alta da pantalla, nunha pequena zona que aparece de cor laranxa, cunha prunta de frecha negra cara abaixo, e que se ve, unha vez despregada, coma na imaxe de abaixo:

Cando a abramos e pinchemos nela, cargarase a nova interface na que podemos descrubrir unha navegabilidade maior, e, sobor de todo, maiores posibilidades.

Por exemplo, a nova interface permite a posibilidades de descargar cada canción de xeito individual, cando ata agora só de podía descaga-lo álbume enteiro.
Con todo, coma aínda non se desagregaron as cancións, esta función non é aínda realmente opertiva ou util, máis é unha interesante posibilidade a ter en conta para un futuro próximo.

Por outra banda, témola posibilidade de escoita-las cancións sen descargalas expresamente por medio dun novo reprodutor, que podemos minimizar e que, aínda así, poderemos segir na barra dereita da páxina, o que resulta unha funcionalidade moi interesante.

Por todo esto e máis que se pode ir descubrindo na propia Páxina, dende Eólica Tec recomendamos vivamente que probedes a nova interface.

Forza4.

No hay comentarios: