Nace Eolica Tec, o blog tecnolóxico de Eolica, centrado na difusión daquela tecnoloxía que, no canto de tentar facernos escravos dela, tenta liberarnos das barreiras coas que, algunhas veces, tentan limitar o acceso, desenrrolo e despregamento da tecnoloxía.
Eolica Tec, coma o mesmo Eolica, está intencionalmente en Galego, e tamén ten versión en castelán.
Desta volta, imos integrar as dúas versións. Se gusta, probablemente, faremos así de aquí en adiante, poñendo nas etiquetas de cada entrada, tamén o idioma, deste xeito, con só ir á etiqueta correspondente, poderemos ler as entradas no noso idioma de preferencia, así coma ver o contido exclusivo de cada idioma, e adaptado a cada cultura.
Sexa coma sexa, dende Eolica Tec, toda a ilusión vai posta en que isto poida aportar coñecemento e mellora na vosa interrelación coa tecnoloxía. Mais, para que esto sexa posible, precisamos da vosa colaboración, a xeito de comentarios.
Agardando que sexa do voso agrado este novo proxecto de Eolica,
Saúdavos Cordialmente,
Forza4.
Eolica Tec.
Proxecto Eolica.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario